Convocatoria 2023plazo pechadoPlazo cerrado:  04/11/2023 - 04/12/2023
Consellería do Medio Rural

MR323C - Axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo en Galicia.

WHAT IS THE SUBSIDY/GRANT FOR?

Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, e convocalas para o ano 2023, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.

Estas axudas teñen como finalidade:

1. Mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola.

2. Reducir as emisións dos gases efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

WHO CAN APPLY?

Poderán acollerse a estas axudas as seguintes entidades:

a) Cooperativas agrarias titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de explotacións agrarias de Galicia.

b) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexistro de explotacións agrarias de Galicia.

WHAT IS THE DEADLINE?

Application deadline

CLOSED

04/11/2023 - 04/12/2023

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Una vez rematado o prazo de solicitude e antes da aprobación non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.

Latest
grants

27/02/2024 - 26/03/2024
Consellería de Política Social e Xuventude
24/02/2024 - 25/03/2024
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
23/02/2024 - 22/03/2024
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
21/02/2024 - 31/12/2025
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
20/02/2024 - 19/03/2024
Consellería de Economía, Industria e Innovación
20/02/2024 - 19/03/2024
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades