Convocatoria 2023plazo pechadoPlazo cerrado:  31/10/2023 - 30/11/2023
Consellería do Mar

PE209P - Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e medioambientalmente sostible.

WHAT IS THE SUBSIDY/GRANT FOR?

Regular a convocatoria para o ano 2023, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e medioambientalmente sostible

WHO CAN APPLY?

1. Poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes entidades, sempre que teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Confrarías de pescadores e federacións destas.

b) Organizacións de produtores pesqueiros.

c) Entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro.

d) Entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas sinaladas na alínea a).

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades nas cales concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) As sinaladas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As persoas incursas nas circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) As que se encontren nalgún dos supostos establecidos no número 1, alíneas a) e b), e número 3 do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021.

d) As que non cumpran coas obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 ou as obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións terceira e cuarta do capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do mesmo decreto.

3. As entidades sinaladas no parágrafo primeiro deste artigo poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente, como unha agrupación de entidades (proxecto conxunto). Neste último caso, deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse unha entidade representante ou apoderada única da agrupación, que será unha das entidades que a constitúen, con poderes bastantes para cumprir as obrigas, que como beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de entidade representante ou apoderada única, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.

4. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos/as os/as beneficiarios/as integrados/as nela, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometeron a realizar, ou solidariamente cando non for posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada un/unha deles/as.

5. A agrupación non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo establece o artigo 8.3, parágrafo segundo, desta lei.

WHAT IS THE DEADLINE?

Application deadline

CLOSED

31/10/2023 - 30/11/2023

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes. No caso de que o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Latest
grants

27/02/2024 - 26/03/2024
Consellería de Política Social e Xuventude
24/02/2024 - 25/03/2024
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
23/02/2024 - 22/03/2024
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
21/02/2024 - 31/12/2025
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
20/02/2024 - 19/03/2024
Consellería de Economía, Industria e Innovación
20/02/2024 - 19/03/2024
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades