Convocatoria 2023plazo pechadoPlazo cerrado:  01/11/2023 - 30/11/2023
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

TR341X - Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE).

WHAT IS THE SUBSIDY/GRANT FOR?

Convócanse para os anos 2023, 2024, 2025 e 2026, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a realización do Programa de formación dual en centros especiais de emprego reguladas por esta orde.
 

Regional Ministry
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Responsible body
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Where to apply

Xunta de Galicia

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Economía Social

Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

Edificio Admtvo. San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Telephone number: 981545701/ 981544716

Email: integracion.laboral.emprego@xunta.gal

Procedure code
TR341X

WHO CAN APPLY?

1. Poden beneficiarse das subvencións recollidas nestas bases reguladoras as persoas físicas ou xurídicas que na data de presentación da solicitude figuren inscritas como centros especiais de emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento, e que na data de presentación da solicitude cumpran as seguintes condicións:

– Estaren cualificados sen ánimo de lucro, de conformidade co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo.

– Contaren cun mínimo de dez traballadores, e deles o 30 %, como mínimo, debe ter discapacidade intelectual.

– Ter solicitado ante a xefatura territorial correspondente o inicio da actividade formativa para a impartición da formación profesional dual, mediante a contratación por conta allea de persoas con discapacidade intelectual desempregadas, na modalidade de contrato para a formación en alternancia.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarios:

a) Os CEE en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

b) Os CEE excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

c) Os CEE que non cumpran coa porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade contratadas respecto do total do cadro de persoal. Nesta porcentaxe non se inclúe o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.

d) Os CEE que, carecendo de personalidade xurídica propia, non teñan unha xestión diferenciada da súa entidade titular. Para os efectos de acreditar unha xestión diferenciada, deberán levar unha contabilidade separada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.

e) Os CEE que non estean ao día coas obrigas rexistrais, segundo o establecido no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento.

f) As empresas en crise e as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase a axuda concedida polo Estado membro ilegal e incompatible co mercado exterior, segundo o indicado nas letras a) e c) do artigo 1.4 do Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.

3. A acreditación de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a), b), c), d) e f) do punto 2 deste artigo para poderen obter a condición de beneficiarias das axudas realizarase mediante declaracións responsables que se inclúen no anexo de solicitude. O órgano xestor poderá comprobar en calquera momento a veracidade das ditas declaracións.

4. As entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde deberán garantir o pleno cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» (principio do no significant harm-DNSH) e a etiquetaxe climática e dixital, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021, e no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, así como na súa normativa de desenvolvemento, en todas as fases do deseño e execución dos proxectos e de maneira individual para cada actuación.

As solicitudes deberán acompañarse dunha declaración responsable de adecuación ao principio de «non causar prexuízo significativo», no sentido establecido no número 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

En todo caso, as entidades beneficiarias preverán mecanismos de verificación do cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» (principio do no significant harm-DNSH) e medidas correctoras para asegurar a súa implementación, do cal deixarán constancia na memoria xustificativa da subvención.

WHAT IS THE DEADLINE?

Application deadline

CLOSED

01/11/2023 - 30/11/2023

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

Latest
grants

27/02/2024 - 26/03/2024
Consellería de Política Social e Xuventude
24/02/2024 - 25/03/2024
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
23/02/2024 - 22/03/2024
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
21/02/2024 - 31/12/2025
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
20/02/2024 - 19/03/2024
Consellería de Economía, Industria e Innovación
20/02/2024 - 19/03/2024
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades