Convocatoria 2023en plazoDeadline:  18/11/2023 - 18/03/2024
Presidencia da Xunta de Galicia

TU503H - Subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago.

WHAT IS THE SUBSIDY/GRANT FOR?

Establecer as condicións para a concesión de axudas para a posta en marcha de proxectos tractores que teñan un efecto transformador no sector turístico galego e a posta en valor de elementos patrimoniais senlleiros de Galicia, cos obxectivos de ampliar a oferta de aloxamento e de restauración e promover un turismo sustentable na contorna do Camiño de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia.

Regional Ministry
Presidencia da Xunta de Galicia
Responsible body
Axencia Turismo de Galicia
Where to apply

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Dirección de Competitividade

Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial

A Barcia. Estrada Santiago-Noia, km 3

15896  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Telephone number: 981547405/ 981546360

Email: fomento.turismo@xunta.gal

Procedure code
TU503H
Regulations
Regional level

WHO CAN APPLY?

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) e grandes empresas que proxecten levar a cabo un investimento para a posta en marcha dun novo establecemento turístico localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nestas bases. Para estes efectos, as entidades solicitantes deberán acreditar a categoría da empresa de que se trate, pequena, mediana ou grande, no momento da presentación da solicitude de axuda.

2. Para os efectos destas bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias:

a) As empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da entidade solicitante.

b) As empresas que estean en situación de crise, de acordo coa definición establecida no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación da Comisión 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014). A acreditación deste requisito realizarase mediante declaración responsable da entidade solicitante, sen menoscabo das accións de comprobación que poida realizar para estes efectos a Axencia de Turismo de Galicia.

c) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por terse declarado axuda ilegal e incompatible co mercado interior ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.

d) No caso de que a subvención supere os 30.000 euros e a entidade solicitante estea incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpra os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital para os efectos de presentación de conta de perdas e ganancias abreviada, as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na mencionada lei.

e) Aquelas entidades que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia de Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.

4. Deberá acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice a persoa beneficiaria á realización do investimento subvencionado e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista no artigo 10 destas bases.

5. Os requisitos para ser persoa beneficiaria deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

WHAT IS THE DEADLINE?

Application deadline

ABERTO

18/11/2023 - 18/03/2024

O prazo de presentación de solicitudes será de catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Non serán admitidas a trámite, en ningún caso, as solicitudes presentadas fóra do prazo e de forma distinta á que se establece nesta resolución.

Latest
grants

27/02/2024 - 26/03/2024
Consellería de Política Social e Xuventude
24/02/2024 - 25/03/2024
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
23/02/2024 - 22/03/2024
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
21/02/2024 - 31/12/2025
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
20/02/2024 - 19/03/2024
Consellería de Economía, Industria e Innovación
20/02/2024 - 19/03/2024
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades