Convocatoria 2023plazo pechadoPrazo pechado:  29/09/2023 - 28/11/2023
Consellería de Economía, Industria e Innovación

IG408C - Axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa centros de fabricacion avanzada), susceptibles de ser cofinanciadas no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

É o de apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento do contorno das empresas e dos consumidores, e a modernización e o desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade.
 

QUEN PODE SOLICITALA?

Pequenas e medianas empresas (pemes).

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

29/09/2023 - 28/11/2023

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de dous meses contados desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo de dous meses.