Convocatoria 2023plazo pechadoPrazo pechado:  15/03/2023 - 14/04/2023
Consellería de Economía, Industria e Innovación

IG423A - Axudas para misións comerciais das grandes empresas.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Conseguir a internacionalización real de empresas galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores. As actuacións que engloban están dirixidas a:

a) Aumentar a base de empresas exportadoras.
b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.
 

QUEN PODE SOLICITALA?

Empresas.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

15/03/2023 - 14/04/2023

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será dun mes, contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.