Convocatoria 2023plazo pechadoPrazo pechado:  12/05/2023 - 29/09/2023
Consellería de Economía, Industria e Innovación

IG535A - Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (financiamento Igape-pemes).

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Estas bases regulan as condicións e o procedemento de tramitación do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I.

Consellería
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Órgano responsable
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Economía, Industria e Innovación

Instituto Galego de Promoción Económica – Igape

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Código do procedemento
IG535A
Normativa
Ámbito Autonómico

QUEN PODE SOLICITALA?

As pequenas e medianas empresas.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

12/05/2023 - 29/09/2023

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 29 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.