Convocatoria 2023plazo pechadoPrazo pechado:  10/10/2023 - 11/12/2023
Consellería de Economía, Industria e Innovación

IG535B - Axudas ao investimento das pemes para a creación de Centros Dixitais de Xestión Remota (Programa Centros Dixitais), susceptibles de ser cofinanciadas no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (FTX).

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Apoiar a posta en marcha de proxectos de creación de Centros Dixitalizados para o desenvolvemento de sistemas e conectividade dixital, para a monitorización ou xestión remota de activos ou instalacións, para o control e comando de operacións en calquera ámbito de actividade, especialmente para instalacións de produción ou de xeración de enerxías renovables e no ámbito da mobilidade. O valor aportado irá alén dunha empresa concreta, podendo xerar instalacións de usos combinados multipropósito.

QUEN PODE SOLICITALA?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pemes, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, que adopten a forma xurídica de Sociedade Limitada ou Sociedade Anónima, preexistentes ou que se constitúan especificamente para a explotación do centro dixital proposto.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

10/10/2023 - 11/12/2023

 O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de dous meses contados desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo de dous meses.